Porriño 2017

O Porriño continua coa conexión de distintos núcleos á rede municipal de saneamento

O alcalde accidental do Porriño, Manuel Carrera, na visita realizada aos traballos de saneamento que se desenvolven en Albarín, na parroquia de Atios O alcalde accidental do Porriño, Manuel Carrera, na visita realizada aos traballos de saneamento que se desenvolven en Albarín, na parroquia de Atios

A Concellería de Vías e Obras do Porriño, que xestiona o tenente de alcalde e alcalde accidental, Manuel Carrera, está a levar a cabo os traballos de conexión á rede municipal do saneamento do núcleo de poboación de Albarín, na parroquia de Atios, de xeito que as vivendas deste barrio teñan resolta a mesma nun prazo máximo de 3 meses.

Manuel Carrera, salientou que as obras, orzamentadas en preto de 79.000 €, con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, “abranguen a reposición completa do pavimento de toda esta zona”.

Esta obra súmase a outras xa rematadas, ou en proceso, en varios lugares do Porriño, como a que está en marcha no barrio de A Pereira-Contrasto, na parroquia de Torneiros, nos que investirá 150.000 €, tamén con cargo aos orzamentos correspondentes a O Porriño do «Plan Concellos» da Deputación de Pontevedra,e que garantirán a conexión á rede de saneamento de 30 familias.