Porriño 2017

O Porriño abre a exposición fotográfica do XXII certame «Viaxando»

Do xoves 10 de xaneiro ao 30 deste mesmo mes, poderá visitarse na OMIX do Concello do Porriño –na planta baixa do Centro Cultural Municipal– a Exposición de fotografía «Viaxando» que mostra os traballos presentados ao décimo segundo Certame de fotografía do mesmo nome. 

Este Certame, que aposta pola creatividade e orixinalidade da mocidade plasmada nunha fotografía, foi creado no ano 2007 polas Oficinas de Información Xuvenil (OMIX) dos concellos do Rosal, Tomiño, A Guarda, Baiona, Salceda de Caselas, Gondomar, O Porriño e o Espazo Xove de Tui, dentro do traballo en rede que veñen realizando o longo destes anos.

Participaron un total de 13 mozos de idades comprendidas entre os 12 a 30 anos e o ano pasado o gañador, unha vez reunido o xurado, foi Sergio Lorenzo Ares pola súa foto «Comeza a Viaxe».