Porriño 2017

Eva García cualifica de "acto de deslealdade" a visita do conselleiro de Sanidade

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, vén de cualficiar de “acto de deslealde institucional” e “falla de respecto as porriñesas e porriñeses”, o feito de que o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, visitase este venres o Centro de Saúde da vila e, “nin invitase nin tan sequera o comunicase á alcaldesa e ao Goberno municipal”.

A alcaldesa lembra que cando o presidente Feijóo estivo no Porriño facendo campaña electoral para o seu partido ela saíu a saudalo, “como entendo que é a miña obriga, posto que, aínda que defendamos diferentes ideas dende distintos partidos, considero que é tamén o meu presidente”.

A xuízo de García de la Torre, é unha “indignidade” que o conselleiro leve máis dun ano sen respostar ás solicitudes dunha entrevista feitas polo Goberno municipal, “mesmo borrando sen abrir os correos electrónicos que se envían á Consellería”, e que veña a O Porriño e non teña “nin a mínima cortesía e educación” de comunicalo ao Concello, “e así o faremos constar por escrito nunha carta que remitiremos ao Goberno de Galicia”.

Á xuízo da alcaldesa, que este venres o señor Vázquez Almuiña anuncie que pode que dentro de dous anos empecen as obras de ampliación do Centro de Saúde do Porriño “é, sen máis, unha falla de vergonza e unha tomadura de pelo”, aínda máis considerando que hai tres anos e medio a anterior conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera e o anterior alcalde do Porriño, Nelson Santos, os dous do Partido Popular, anunciasen exactamente o mesmo que fixo hoxe o señor Vázquez Almuiña.

Á vista está que no primeiro caso non cumpriron a súa palabra e, no de hoxe, no mellor dos casos, as hipotéticas obras de ampliación das que falou este venres o conselleiro, empezarían, cando menos, 5 anos despois do compromiso da Xunta coas veciñas e veciños do Porriño.