Porriño 2017

A Policía Local do Porriño desartella dous puntos negros de venta de droga

Axentes da La Policía Local do Porriño veñen de desartellar dous puntos negros de venda de droga na vila e de deter a un individuo de 47 anos de idade relacionado coa venda de estupefacientes. Os policías xa tiñan constancia das actividades de un suxeito que, supostamente, adicábase a vender droga en dúas zonas do casco urbano, aínda que, ata a noite do pasado luns, día 17 de decembro, non puideron atopalo.

oporrino policia local drogaO detido estaba nunha céntrica rúa do Porriño e, como constataron os axentes nun control superficial, levaba enriba varios ‘papeliños’ de cocaína, dous cadrozos de marihuana, diñeiro en efectivo, e un walkie-talkie, acendido empregado, presuntamente, para que unha terceira persoa o alertase da presenza policial.

Os policías comprobaron que, ademais, contra este home que levaba 5 anos fuxindo da xustiza, constaba una orde de arresto e ingreso en prisión contra este individuo ordenada polo Xulgado do Penal nº 2 de Pontevedra, polo cal procedeuse a súa detención e posterior presentación, o día 18, no Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 1 do Porriño en función de garda, imputándolle a autoridade xudicial un presunto Delito contra a Saúde Pública e ordenando o seu ingreso no Centro Penitenciario de A Lama.

Con este arresto, a Policía Local do Porriño suma xa seis detidos por tráfico de drogas, actuacións que, subliña o inspector xefe, Daniel Rodríguez, son unha “prioridade” para o Goberno local e a Concellería de Seguridade, que dirixe Lourdes Moure, "de cara a acabar co tráfico de droga polo miudo no noso concello".