Porriño 2017

O Porriño remata a mellora do Torreiro da Forna, en Budiño

A Concellería de Vías e Obras que dirixe Manuel Carrera, vén de facer realidade o compromiso que o propio concelleiro adquirira coas veciñas e veciños de Budiño, rematando os traballos de reforma do Torreiro da Forna. As obras, que contaron cun investimento de máis de 45.000 euros, fixeronse con cargo ao Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra.

Os traballos abrangueron o axeitamento do propio torreiro, a pavimentación da zona a colocación de beiravías de formigón, a mellora da zona de aparcamento de vehículos, a situación dun paso peonil, ademáis da recollida de augas pluviais do Centro Cultural e a colocación dunha nova tubaxe de saneamento.

Manuel Carrera subliña o feito de que os traballos permiten “non so recuperar un lugar que é o centro das festas de San Blas, senón que melloramos e enriquecemos unha parte da parroquia de Budiño especialmente querida polos seus habitantes”.