Porriño 2017

As obras de saneamento do campo do Atios, no Porriño, rematarán neste mes

A Concellería de Vías e Obras, que dirixe Manuel Carrera, está realizando dende hai unha semana os traballos para levar o saneamento aos novos vestiarios e aos baños públicos do Campo de fútbol de Atios. Carrera apunta que as obras contan cun orzamento total de 30.000 € e abranguen o ancheamento da estrada, dende a popularmente coñecida como «chegada do Carballo» ata a Travesía de Novás, un treito de máis de 200 metros, “o cal mellorará a entrada e saída de vehículos dende o campo de fútbol”.

Os fondos para acometer estes traballos, como subliña o alcalde accidental, corresponden ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, e a previsión é que os mesmos estean rematados a finais deste mes de agosto.