Porriño 2017

Intensa fin de semana para Asociación Deportiva Avanza do Porriño

Andrés Valverde, terceiro clasificado en categoría infantil masculino / Foto: ©Luz Iglesias Andrés Valverde, terceiro clasificado en categoría infantil masculino / Foto: ©Luz Iglesias

A Asociación Deportiva Avanza do Porriño viviu unha intensa fin de semana que comezaba o sábado do desprazamento ata o concello ourensá de Piñor onde se disputaba a segunda edición XCO Concello de Piñor puntuable para o open galego de XC.

Nunha xornada marcada pola choiva, os integrantes da A.D. Avanza conseguía traer para O Porriño dos podios da man de Xoel Montes, que conseguía cruzar en terceira posición o arco de meta e, na categoría junior, Óscar Fernández conseguía un segundo posto.

Tamén na xornada do sábado na categoría de escolas o corredor de categoría alevín masculino, Haritz Serrano, desprazábase ata o concello coruñés de Padrón onde conseguía un terceiro posto no podio do XI trofeo Sponsor organizado polo club ciclista Padronés.

Xa na xornada do domingo, mais dunha quincena de integrantes da escola de ciclismo A.D. Avanza decidiron facer fronte os preto de douscentos quilómetros que separan O Porriño do Val de Esmelle, no concello coruñés de Ferrol, para participar na terceira proba do calendario do campionato galego de MINI BTT onde o club ciclista Esmelle organizaba a cuarta edición do trofeo MINI BTT VAL DE ESMELLE. Os pequenos bikers desprazados ata Ferrol comezaron a maña do domingo cun terreo rebrandecido polas intensas choiva caída a primeiras horas da maña convertendo o escenario da proba nunha autentica proba rompe pernas.

Fotos: ©Luz Iglesias

Para o primeiro podio para a escola de ciclismo Avanza había que agardar a categoría Promesa Fémina da man de Nerea Soto que, unha vez mais, lograba subir o mais alto do podio. Na categoría Alevín Fémina, Aroa Otero, nunha dura loita conseguía cruzar o arco de meta na décima posición, demostrando que entrou neste deporte para quedarse e loitar por estar o máis arriba posible.

O igual que Nerea, a súa irmá Uxía Soto asinaba unha espectacular proba onde, por primeira vez nesta tempada, as féminas de categoría infantil competiron xuntas cos infantís masculino. A pesar dalgunhas voces discordantes foron as pequenas bikers que reivindicaron o seu sitio neste deporte ao amosarse a favor de competir á vez cos nenos. Saíndo cunha diferenza de tres minutos Uxía Soto conseguía alcanzar no transcurso da segunda volta a moitos dos rapaces da categoría masculina asinando unha actuación case perfecta onde o público asistente non saía do seu asombro coa actuación da pequena biker que conseguía sumir o mais alto do podio por terceira vez consecutiva.

Na categoría infantil masculino Andrés Valverde conseguía subir o terceiro posto do podio nunha dura loita desde o minuto un da carreira. Cómpre destacar o bo papel dos bikers desta categoría na que cinco dos integrantes da escola conseguín cruzar o arco de meta entre os quince primeiros. Andrés Valverde 3º, Iker Otero 6º, Hugo Martínez 11º, Iván Fernández 14º e Gonzalo Gallego 15º.