Porriño 2017

O Porriño

O Porriño propón ampliar en 500.000 euros a partida do servizo de axuda domiciliaria

O Goberno local do Porriño levará ao Pleno da Corporación para a súa aprobación unha modificación orzamentaria cunha ampliación de 500.000 € no capítulo da Axuda Domiciliara Municipal que, coma salienta a alcaldesa, “pasaría de 300.000 € a 800.000 € este ano 2019”. Eva García de la Torre indica que este incremento estaría destinado a acabar coas listas de agarda, faría posible aumentar o número de horas de atención ás persoas que o precisan e afrontaría, tamén, a subida do Salario Mínimo Interprofesional (SMI) a 900 €, aprobada polo Goberno de España.

As xestións da alcaldesa do Porriño, ‘liberan’ unha vivenda do CEIP de Atios

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, acompañada da concelleira de Educación, Lourdes Moure, fixo entrega ao director do CEIP Plurilingüe de Atios das chaves da vivenda de 90 metros cadrados, que ocupa a planta alta do centro que, dende agora, pode ser utilizada polo mesmo. Logo de manter varias conversas coa persoa que vivía nela e coa familia desta, a alcaldesa conseguiu que a primeiros deste ano a vivenda quedase valeira, preto dun cuarto de século despois da súa ocupación.

Eva García "asume persoalmente" a solución aos problemas do edificio de Torneiros

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, vén de asumir, persoalmente, a solución ao “gravísimo” problema de filtracións de auga que están a padecer, dende hai anos, os veciños dun edificio da Fase V de Torneiros. A Alcaldesa, que visitou varias veces o lugar e mantivo entrevistas e xuntanzas cos habitantes do inmoble, comprobou que, tal e coma sinalan os informes dos técnicos municipais, o “estado da terraza é desastroso".

Eva García cualifica de "acto de deslealdade" a visita do conselleiro de Sanidade

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, vén de cualficiar de “acto de deslealde institucional” e “falla de respecto as porriñesas e porriñeses”, o feito de que o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, visitase este venres o Centro de Saúde da vila e, “nin invitase nin tan sequera o comunicase á alcaldesa e ao Goberno municipal”.

Suscribirse a este canal RSS