Mos presenta a décimo cuarta edición das Xornadas Micolóxicas

Mos presentou as súas XIV Xornadas Micolóxicas e Forestais que se celebrarán no contorno do Pazo de Mos o domingo 22 de outubro e, a partir desa data e ao longo de todo o mes de novembro, nos establecementos hostaleiros mosenses.

Veciñanza e visitantes poderán degustar pratos como croquetas de setas con castañas e empanada de trigo con setas e castañas da Adega da Tía Carmen; carne de caza maior estofada con setas de Bar Faquiña; setas ao ajillo salteadas con gambas, setas ao ajillo salteadas con beicon, e tarta de queso con mermelada de setas de O Cruceiro; caldereta de pulpo con setas, brownie de chocolate con setas e noces e bica con crema de setas de Tapería a Cepa; pizza mar e monte de salmón afumado con variado de setas e queso García Ulloa de A Favorita e xabarín con setas silvestres de Restaurante Tapra.

Outras novidades que haberá o domingo 22 de outubro no contorno do Pazo de Mos que complementará a degustación de cogomelos, será a celebración do segundo mercado micolóxico que contará con postos nos que poder probar infusións de setas, de artesáns que realizan talles de madeira, de vidro e cristal, postos de la e postos de cultivo de setas, entre outros. A xornada gastronómica do vindeiro domingo prolongarase dende as 12.00 horas ata as 15.00 horas, horario durante no que Abeleiras de Alxan e Grupo Folclórico Nosa Terra de Pereiras, serán os encargados de amenizar a xornada.

Pola tarde, a partir das 18.00 horas, no Pazo de Mos, haberá un espectáculo infantil “Que chovan contos e cantigas” de Servando Barreiro e Anxo Moure. A exposición, consulta de identificación de cogomelos será de 10.30 horas a 14.00 horas e de 17.00 horas a 20.00 horas no Pazo de Mos.

O sábado 21 de outubro de 10.00 horas a 13.30 horas realizarase a saída didáctica para a recollida e identificación de cogomelos, que contará coacompañamento, asesoramento e instrucción de dous monitores especializados. Para participar na mesma requírese inscrición previa no Pazo de Mos os días das charlas.

Durante toda a semana que ven sucederanse as charas e conferencias sobre micoloxía e monte comunal. Todas serán no Pazo de Mos ás 20.30 horas. O luns 16 de outubro Rafael Quintía, impartirá a conferencia “Recursos turísticos e Culturais do Monte (Parque da Penacova)” e XurxoConstenla a conferencia “A CitoníaArqueoloxía”. O martes 17, charla sobre a A vespa Velutina impartida por Esther Ordóñez, veterinaria da Agrupación Apícola Galega. O día 18, mércores, charla “Introducción ao mundo dos cogomelos” a cargo de Hugo Fernández, Biólogo, especialista en micoloxía. O xoves19 de outubro a bióloga especialista en mocoloxía, Puri Lorenzo, impartirá a charla “Identificando champiñóns”. E o venres día 20, José Luis Tomé, da Federación Galega de Micoloxía dará unha charla sobre cociña con setas: “Cociñando cogomelos ”.