O Plan Integrado de Emprego de Mos acadou un 70% de inserción laboral

Esta mañá celebrouse na Axencia de Colocación de Mos o acto de clausura do II Plan Integrado de Emprego Mos 3.0, programa  do que 50 dos 60 usuarios conseguiron un traballo e 42 deles continúan a traballar a día de hoxe. A procentaxe de inserción supera en 25 puntos o compromiso adquirido inicialmente.

No acto de clausura estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; o Director Xeral de Orientación e Promoción Laboral, José Alfonso Marnotes González; o delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves; as técnicas do Plan, Ana Concheiro e Begoña González, 13 das empresas colaboradoras co PIE, que recibiron a distinción do selo municipal de compromiso social co emprego e algúns dos 60 usuarios/as que participaron no segundo PIE.

A segunda edición do Plan Integrado de Emprego Mos 3.0 pode presumir de cifras, aseguraron dence o Concello de Mos, "xa que dos 60 usuarios/as que participan no mesmo 50 deles/as traballaron e 42 están actualmente insertados no mercado laboral e, polo tanto, traballando".

Estas cifran non son máis que o resultado do rigor na execución do proxecto e o acerto na programación do mesmo, unido a incorporacións novas e pioneiras, valorando o apoio das empresas coa creación de emprego de calidade e dando visibilidade ás mesmas, todo isto sen abandonar o fin principal e obxectivo do PIE do cumplimento das insercións marcadas.

Durante o PIE impartíronse 37 accións formativas que supuxeron un total de 1.048 horas lectivas, asináronse convenios con 8 empresas que acolleron a 29 persoas en prácticas, contactouse cun total de 234 empresas de distintos sectores e tramitáronse 131 ofertas de emprego. Ademais, explica o Concello, "82 empresas acudiron ao II PIE mosense para reclutar persoal".o.

Dende o Concello de Mos maniféstase a satisfacción de que o esforzo "estea a dar os seus froitos e que 50 usuarios traballaran ao longo do plan (83%), que 42 usuarios cumpliran o compromiso de inserción (70%, e o compromiso inicial coa Xunta de Galicia foi un 45% de inserción-27 persoas, polo que se superou en 25 puntos dito compromiso)".