Mos tramita 59 licencias no primeiro mes de vixencia do novo PXOM

Un momento histórico para Mos, a sinatura do PXOM Un momento histórico para Mos, a sinatura do PXOM

Dende a súa entrada en vigor, o pasado 27 de xuño, o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Mos xestionou, a través do Departamento Municipal de Urbanismo, un total de 69 lizenzas e ou/expedientes rexidos xa polo novo documento do PXOM, 23 máis que no mes anterior á entrada en vigor do novo documento. Destes 69 expedientes 4 foron de obras maiores, 6 licenzas de actividade, 30 obras menores e 29 trámites clasificados como outros expedientes.

Respecto ao mesmo período do ano pasado (xullo de 2016), explica o Concello de Mos, "incrementáronse en 20 as licenzas urbanísticas tramitadas no 2017 respecto do 2016, xa que durante o mes de xullo de 2016 tramitáronse 49 licenzas. Dito aumento supón un crecemento porcentual do 41%".

Deste xeito o Departamento de Urbanismo do Concello de Mos continúa a demostrar que é exemplo de traballo eficiente e xestión eficaz dados os datos de tramitación de licenzas do mesmo período do pasado exercizo, que son inferiores aos do actual, experimentándose un incremento froito do esforzo e a adicación diarios realizados polos membros deste departamento.

Mos estaba ata a aprobación do PXOM, rexido por unhas normas subsidiarias do ano 1992. Agora, segundo o Concello mosense, ao ter aprobado o PXOM e en vigor "ten máis capacidade para a instalación de empresas e máis seguridade xurídica para as empresas que se instalen aquí, así como máis valor para as vivendas que se constrúan".