Os "fogóns da tolerancia" a pleno rendemento en Mos polo Día da Discapacidade

O Concello de Mos, a través das concellerías de Política Social, Educación e Participación Cidadá, que xestionan Sara Cebreiro, Camilo Augosto e Julia Loureiro, respectivamente, en colaboración con EVD Galicia, organizaron hoxe un obradoiro de elaboración de marmeladas para escolares do municipio para, dese xeito, conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade que se celebraba hoxe día 3 de decembro.

As usuarias do Centro Ocupacional das Escravas, sito en Petelos, foron mestras por un día do alumnado de 5º curso de Educación Primaria do Colexio Mestre Martínez Alonso, de Castro-Mos, ensinándolles aos cativos e cativas a preparar marmeladas caseiras coma as que elas mesmas realizan para a venda e entre as que teñen especial éxito a de mazá, —coma a que fixeron as e os escolares esta mañá—, e a de pemento.

dia discapacidade 2018 03

Escolares e mulleres de EVD Galicia recibían, no decurso do obradoiro, a visita Sara Cebreiro, concelleira de Política Social, e da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, que lles trasladaron "a vontade municipal de seguir a traballar arduamente no apoio ao colectivo de persoas con discapacidade mediante diversos programas, medidas e actividades".

dia discapacidade 2018 02

Os obxectivos desta iniciativa son facer visible ante a sociedade a realidade perfectamente válido e apto para infinidade de tarefas; e aumentar a autoestima e a autorrealización dos membros de dito colectivo, neste caso as usuarias do Centro de EDV Galicia (Escravas da Virxe Dolorosa). Así o declaraba a rexedora local, Nidia Arévalo, e o facían saber tamén as propias usuarias das Escravas.

Por último, tamén se pretende educar na diversidade e no respecto dende a infancia, de ahí a importancia deste obradoiro con escolares; para que os nenos e nenas coñezan dende cativos a realidade da discapacidade e a vivan con tolerancia e sendo conscientes de que das persoas con discapacidade tamén hai moito que aprender.