Mos recibe 240.000 euros da Xunta para a creación dun viveiro industrial na Veigadaña

O Concello de Mos, acollido á iniciativa Doing Business Galicia, creará un Centro de Servizos Avanzados para a Industria, ao abeiro dunha subvención de 240.000 euros concedida pola Xunta de Galicia de cara a crear un centro que posibilite recursos e xenere negocios, que acompañe á actividade produtiva de cada emprendedor, desenvolvendo sinerxias que permitan a todas as empresas mellorar asúa competitividade, amplair as súas expectativas de crecemento e garantir a supervivencia a longo prazo.

Este proxecto xestouse nun convenio asinado o pasado mes de abril entre o Concello de Mos e a Asociación de Empresarios de Mos, AEMOS, na que ésta realiza a cesión parcial do dereito de superficie da parcela necesaria a favor do Concello de Mos, que dará lugar á subrogación pola administración local que se compromete a executar unha edificación industrial con destino a viveiro de empresas no espazo obxecto do convenio. Para elo o Concello de Mos asignará a axuda da Consellería de Economía, Emprego e Industria para a realización do mesmo, consistente en 240.000 euros, que representa o 80% da inversión total de 300.000 euros.

A Asociación de Empresarios de Mos aportará, de fondos propios, un importe do 20% da inversión total, é dicir, 60.000 euros.

O Viveiro de empresas de Mos proxectase como un instrumento básico no proceso de creación e fortalecemento da microempresa e das PEMES. A través do mesmo, as empresas nas súas etapas iniciáis obterán formación, asesoramento, apoio na busca de financiación, ... Incentivaráse a cultura da innovación, a promoción empresarial, a formación de novos emprendedores, e a cooperación empresarial.

Os obxectivos do viveiro son, o favorecer o nacemento, arranque e consolidación de novas empresas e a xeración de emprego; diversificar a estrutura produtiva local, favorecendo a instalación de empresas con carácter innovador e diferenciador; crear un medio idóneo que permita ás iniciativas empresariais desenvolver o seu Plan de Empresa para que, cun tempo de estancia limitado, estean en situación de competir e actuar en condicións de mercado e contribuír á dinamización económica do municipio.