Mos

Falece o condutor dun turismo tras unha colisión en Mos

Unha persoa faleceu na tardede onte por mor dunha colisión entre un turismo e un camión acontecido na N-550, ao paso pola localidade pontevedresa de Mos. Os feitos aconteceron pasadas as sete da tarde cando varias chamadas de condutores alertaban ao Centro Integrados de Atención ás Emerxencias (CIAE) 122, dando conta da colisión entre un camión e un coche no quilómetro 150 da N-550 a altura da parroquia de Louredo.

  • 0

Mos remata o muro de contención fronte á Escola Infantil da Porteliña

O Concello de Mos está a traballar, nestes días, na acometida dun muro de contención na porteliña, fronte a Escola Infantil, obras que están case que rematadas a falta tan só dos traballos de axardinado que comezaron no día de hoxe. As obras, cun prazo de execución de algo máis dun mes,  “constitúen unha importante mellora para a zona da Porteliña, na parroquia de Petelos, xa que o anterior muro carecía dunha cimentación axeitada", asegura a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.

  • 0

Mos abre o 28 de maio as solicitudes para facer fogueiras de San Xoán

A concellería de Medio Ambiente do Concello de Mos, que dirixe Cándido Pérez, vén de dar conta de que o vindeiro 28 de maio abrirase o prazo para as persoas que teñan intención de realizar unha fogueira a noite de San Xoan e/ou San Pedro, dito prazo estará aberto ata o 15 de xuño e dita autorización pódese solicitar no Rexistro Xeral do Concello ou no departamento municipal de Medio Ambiente.

  • 0

O Concello de Mos pon en marcha un plan integral de limpeza do municipio

O Concello de Mos vén de poñer en marcha un plan de limpeza do municipio no que, segundo sinala o Concello que preside Nidia Arévalo, "terá unha actuación a catro bandas ao traballar coordinadamente a brigada municipal de parques e xardíns ─que chegará a contar con 15 membros─ xunto con 3 empresas; a de mantemento de parques e xardíns; a concesionaria do servizo de recollida de lixo e limpeza de viais urbanos e por último a empresa responsable do desbroce e limpeza de cunetas.

  • 0

Mos recibe 240.000 euros da Xunta para a creación dun viveiro industrial na Veigadaña

O Concello de Mos, acollido á iniciativa Doing Business Galicia, creará un Centro de Servizos Avanzados para a Industria, ao abeiro dunha subvención de 240.000 euros concedida pola Xunta de Galicia de cara a crear un centro que posibilite recursos e xenere negocios, que acompañe á actividade produtiva de cada emprendedor, desenvolvendo sinerxias que permitan a todas as empresas mellorar asúa competitividade, amplair as súas expectativas de crecemento e garantir a supervivencia a longo prazo.

  • 0

Rouban as plantas dos maceteiros que adornan Mos e pezas dun parque infantil

A Concellería de Medio Ambiente e Xardíns do Concello de Mos, que xestiona Cándido Pérez, vén de dar conta dos "continuos roubos" de que están a ser obxecto as plantas ornamentais instaladas nos maceteiros da zona peonil de «A Rúa», situada nas inmediacións do Pazo de Mos ao mesmo tempo que solicítase a colaboración cidadá para manter os equipamientos urbanos.

  • 0
Suscribirse a este canal RSS