O PSOE de Salceda comeza a rolda anual de charlas

As concelleiras socialistas Gela Ledo e Verónica Tourón de dar conta do comezo da xa habitual rolda anual de charlas abertas ao público en xeral, charlas que teñen o obxectivo de cumprir co seu compromiso electoral "de achegar os temas máis importantes de Salceda a toda a cidadanía". Nestas charlas ademais de explicar o estado no que se atopan temas tan importantes como o estado das parroquias, o centro de saúde, os colexios, etc., recollerán as necesidades de cada parroquia.

  • 0

Salceda inaugura a nova senda e parque etnográfico do río Landres

O deputado provincial, Carlos López Font, xunto ao alcalde de Salceda de Caselas, Marcos Besada, inauguraron onte o treito O Seixo-Muíño da Pereira no Paseo Fluvial e o parque etnográfico do Río Landres, onde a Deputación de Pontevedra investiu 105.252,18 euros do Plan Concellos 2017. No transcurso do acto aproveitouse para facer unha lembranza e homenaxe con motivo do primeiro aniversario dos incendios forestais acontecidos entre o 15 e o 16 de outburo do ano pasado.

  • 0

O Porriño achegará 50.000 euros para reconstruír á Igrexa de San Campio

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e o concelleiro de Vías e Obras, Manuel Car,rera, mantiveron unha xuntanza con representantes da Comisión de Festas de San Campio, da parroquia de Pontellas, para tratar a rehabilitación e recuperación da igrexa que resultara moi gravemente danada por un incendio o pasado mes de xullo, precisamente coincidindo coa celebración da súa festa patronal.

  • 0

Jose Luis González deixa a súa adicación no Concello de Salceda por motivos laborais

Jose Luis González, que ata o de agora viña exercendo como concelleiro nas áreas de réxime interior, economía, facenda, persoal, tráfico e seguridade, deixará de exercer ditas función a partires do vindeiro martes 16 de outubro, aínda que seguirá ostentando o seu cargo de concelleiro, agora xa sen áreas ao seu cargo. O cambio prodúcese por motivos laborais, xa que o concelleiro foi reclamado pola súa empresa, da que está en excedencia, para ser reincorporado ao seu posto polo incremento da carga de traballo.

  • 0

A Valedora do Pobo instará a solucionar a situación do comedor escolar

Tras a xuntanza mantida con Verónica Tourón e Gela Ledo, a Valedora do Pobo interesouse pola situación e comunicoulle que procederá á apertura dun expediente urxente para tratar coas administracións pertinentes a solución a este grave problema. Neste senso, solicitará á Xunta e ó Concello que lle trasladen a información que obre no seu poder sobre a situación, e instará a estas administracións a que se solucionen os problemas existentes para que se poida dar o servizo de comedor ós nenos e nenas de Salceda nunhas condicións axeitadas.

  • 0

Contaminación por Lindano no Porriño

O Lindano é un complexo químico organoclorado e altamente persistente que, segundo a Organización Mundial da Saúde, foi calificado coma un canceríxeno de tipo 1. Trátase dun produto que foi fabricado pola compañía Zeltia durante moitos anos para o seu uso coma praguicida, nunha planta situada no polígono de Torneiros, no concello do Porriño.

  • 0
Suscribirse a este canal RSS