O CB Nigrán clausura o seu campus cunha visita dos bombeiros

O CB Nigrán clausurou  o seu campus cunha visita especial dos bombeiros, unha grata sorpresa para os nenos e nenas que participaron no campus e que gozaron de xeito abondo cos xogos de auga. Antes desta visita os máis pequenos puideron aprender unhas primeiras nocións de primeiros auxilios, grazas ao persoal sanitario que colaborou no campus, e para finalizar a xornada tivo lugar un pequeno acto de clausura no que o concelleiro de Deportes, Luís Sanroman do Concello de Nigrán, fixo entrega dos correspondentes diplomas a cada un dos participantes ademais doutros obsequios achegados polo CB Nigrán.

cb nigran campus baloncesto 2017 03

A visita dos bombeiros, serviu para que rapaces e rapazas gozasen coa auga nuns días nos que o calor foi o protagonista

Durante este acto de clausura tamén se entregou o premio ao gañador do concurso de debuxo que se realizou ao longo da semana, debuxo que formará parte do cartel promocional do campus do próximo ano. O CB Nigrán pecha así unha semana de campus global no que ademais da visita estrela de Pepe Casal, puideron gozar de ciencia divertida, Jimkanas en inglés , xogos na praia e como non.....moito baloncesto.

cb nigran campus baloncesto 2017 01

Os nenos e nenas participantes no campus tiveron a ocasión de tomar contacto coas técnicas de primeiros auxilios impartidas polo persoal sanitario que colaborou no campus

O club cualificou de "grande éxito" este campus e boa mosta diso é o feito de que os nenos e nenas, amosaron a súa tristura polo remate desta actividade. Motos dos participantes, formalizaron xa a matrícula para o campus que o CB Nigrán desenvolverá en Gondomar do 31 de xullo ao 4 de agosto. Unha sinal inequívoca do interese que este tipo de iniciativas supoñen para os rapaces e rapazas.