Charla sobre compostaxe en Nigrán

Mañá martes, o Auditorio Municipal de Nigrán acollerá, a partir das 18:30 horas, un mini curso de compostaxe (de unha hora de duración aproximadamente) onde se lles explicará como facer compost e un especialista resolverá as súas dúbidas. A actividade chega a Nigrán a través do programa 'Compostaxe doméstica de Sogama'.

A entrada é aberta a todas as persoas que estean interesadas no tema e na mesma repartiranse de xeito gratuíto os 30 composteiros ás persoas que previamente os solicitaron (os que non o fixeron no prazo establecido poderán apuntarse nunha lista de agarda).