Nigrán

Nigrán reforza a seguridade nos areais de Praia América e Panxón

O Concello de Nigrán vén de reafirmarse na súa aposta por mellorar a seguridade das súas praias coa adquisición, neste mes de xullo, de dúas novas táboas de rescate inchables, que se suman a outra mercada o ano pasado, co obxectivo de dispor delas nos postos de socorrismo dos tres areais con bandeira azul no municipio: Patos, Panxón e Praia América. O Goberno local quere así reforzar a calidad asistencial e tamén preventiva nas principáis praias de Nigrán.

  • 0

Juan González: "O Parque Empresarial é unha parte fundamental do desenvolvemento de Nigrán"

O alcalde de Nigrán, Juan González, asegurou que o parque empresarial de Porto do Molle "é unha parte fundamental do desenvolvemento de Nigrán". Gonzalez fixo estas declaracións logo de que a Xunta de Goberno local aprobase a licencia para a ampliación da fábrica Snop Estampación e conceder unha nova para a construción dunha nave destinada á fabricación de maquinaria pesada por parte de Industrias Nebrinox. O rexedor municipal destacou "as novas posibilidades de emprego que xera a instalación desta nova industria no municipio".

  • 0

Festival «Solpor» de Nigrán. Os mellores grupos locais nun escenario único

O Concello de Nigrán ofrece o 21 e 22 de xullo o seu novo festival «Solpor», un evento musical que une a sublime localización e vistas do miradoiro de Monteferro na tardiña, coa música dalgúns dos mellores grupos locais. Neste enclave único terá lugar, dende ás 20.00 horas e de xeito gratuíto, os concertos de Blue Monk e Bliusvai o venres 21 de xullo e de Dous, Moon Cresta e San Rockers o sábado 22, todos eles con fondas raíces en Nigrán.

  • 0

O CB Nigrán clausura o seu campus cunha visita dos bombeiros

O CB Nigrán clausurou  o seu campus cunha visita especial dos bombeiros, unha grata sorpresa para os nenos e nenas que participaron no campus e que gozaron de xeito abondo cos xogos de auga. Antes desta visita os máis pequenos puideron aprender unhas primeiras nocións de primeiros auxilios, grazas ao persoal sanitario que colaborou no campus, e para finalizar a xornada tivo lugar un pequeno acto de clausura no que o concelleiro de Deportes, Luís Sanroman do Concello de Nigrán, fixo entrega dos correspondentes diplomas a cada un dos participantes ademais doutros obsequios achegados polo CB Nigrán.

  • 0

A caravana de Food Trucks «Rilla na Rúa» volve a Nigrán

O Concello de Nigrán e Elemental Chefs ofrecen por segundo ano consecutivo a feria gastronómica itinerante «Rilla na Rúa», considerada unhas das «street food» máis importantes de España e que chega ao paseo de A Foz (A Ramallosa) con novas propostas gastronómicas e actividades paralelas de ocio para toda a familia. Así, os próximos días 27, 28, 29 e 30 de xullo, 12 food trucks ofrecerán aos asistentes cadansúa proposta culinaria gourmet. Ademáis, durante os catro días «Rilla na Rúa» traerá concertos, obradoiros, espectáculos... O evento conta coa colaboración de Mahou, Sousas, Petroni e Garaje y Sal.

  • 0

Nigrán ofrece á mocidade, por primeira vez, o «Midnight Paint Party»

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 15 de xullo, por vez primeira na comarca, unha proposta de ocio destinada ao público máis xuvenil e animado: a «Nigrán Paint Party» ou Festival da Pintura, un concepto novo de diversión nacido en Ibiza que combinará durante todo o día a música electrónica en directo con choiva de pintura, espectáculo pirotécnico, efectos visuais, animación, megatrón... O evento, con sesión infantil de 12 h a 15 horas e para maiores de 16 anos de 15 h a 23 horas, está previsto para preto de 3.000 persoas e terá lugar en 1.500 m2 da zona de aparcamento de Praia América-Lourido.

  • 0
Suscribirse a este canal RSS