Escolares de Gondomar aprenden o camiño da igualdade cos Bolechas

Escolares de Gondoamar participaron ó longo desta semana na a lectura do libro “Os Bolechas no camiño da igualdade”. Nesta actividade, que se desenvolve no CEIP Souto Donas, CEP Xosé Neira Vilas e CEIP Chano Piñeiro, participan o alcalde, Paco Ferreira, a concelleira de Igualdade, Nuria Lameiro e varios funcionarios do Departamento de Igualdade.

A lectura deste libro enmarcase unha campaña de igualdade de xénero e de oportunidade, englobada dentro da programación institucional que se desenvolveu o pasado 8 de Marzo, co gallo do Día Internacional da Muller e tamén forma parte das actividades que se iniciaron o día 25 de Novembro contra a Violencia de Xénero.

Os nenos e nenas que asistirán a estas lecturas teñen entre 6 e 10 anos . Durante estas sesións comentan o libro todos xuntos e interactuan falando sobre os valores que nel se tratan. A actividade compleméntase coa donación de exemplares aos centros participantes, que os terán así dispoñibles para consulta de todos os alumnos e alumnas. "Os bolechas no camiño dá igualdade en Gondomar" é unha unidade didáctica financiada polo Concello de Gondomar, na que ademais das aventuras dos Bolechas polas parroquias do municipio hai actividades e xogos.