Gondomar contrata 21 operarios no marco do Plan Concellos da Deputación

O goberno municipal de Gondomar contratará este ano dentro do plan de emprego subvencionado pola Deputación de Pontevedra 20 novos traballadores municipais que disfrutarán dun contrato temporal. A contratación realizarase a través da liña 3 de emprego para a conservación e o funcionamento de bens e servizos municipais, do Plan Concellos 2017 fiannciado con 211.000 pola institución provincial.

Como requisitos para participar nesta convocatoria de emprego público establécese a obligatoriedade de estar empadroado/a en  Gondomar e ser demandante de emprego nas  listas do INEM para os postos demandados destinados á conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.  Asemade, terán  preferencia na contratación os colectivos máis desfavorecidos e a debida adecuación salarial á cualificación profesional dos postos que se van cubrir, co límite mínimo do salario mínimo interprofesional que estea vixente en cada momento.

Con esta iniciativa o Concello de Gondomar pretende facilitar unha salida profesional aos gondomareños que se atopen como demandantes de emprego na Oficina do INEM e poder levar a cabo traballos de mantemento e conservación de infraestruturas, sacar un maior rendemento ao parque móbil e manter a Oficina de turismos aberta por máis tempo ca durante época estival para potenciar turisticamente o municipio.