Valmiemprega Xove realizou 23 actividades para 900 escolares


O Obradoiro de Emprego “Valmiemprega Xove” finaliza o programa de actividades que levou a cabo en centros escolares do Val Miñor durante os últimos dous meses.
Valmiemprega Xove, Obradoiro de Emprego promovido polo Concello de Gondomar en colaboración cos municipios de Baiona e Nigrán, e que conta co cofinanciamento de Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo, ven de rematar o seu programa de actividades en centros escolares do Val Miñor.

Durante os meses de xaneiro, febreiro e marzo desenvolveronse actividades de sensibilización e promoción do patrimonio cultural e natural e dos recursos turísticos do Val Miñor a través de charlas didácticas e presentacións dirixidas ao alumnado de Primaria e ESO dos distintos centros da comarca.

Durante este período realizaronse un total de 23 accións grupais que beneficiaron a uns 900 escolares dos colexios CEIP Belesar (Baiona), CEIP Cruz-Camos, CEIP Peitieiros, CEIP Souto-Donas, CEIP Fontes-Baíña (Baiona), CEIP Chano Piñeiro (Gondomar), IES Val Miñor (Nigrán) e CEIP Serra-Vincios (Gondomar).
No marco desta colaboración cos centros de ensino, foron organizadas tamén algunhas visitas guiadas para escolares. O Obradoiro agradece aos centros escolares da comarca a boa acollida que tivo dita campaña.