Gondomar

Manifesto Miñor desmárcase do bipartito na xestión da Biblioteca de Gondomar

Manifesto Miñor (M.M) ven de amosar o seu  apoio a Espazo Lectura e de facer un recoñecemento expreso da súa actividade a prol do fomento da lectura e da cultura do libro nun comunicado feito público hoxe no que amosan discrepancias cos seus socios no goberno bipartido do Concello de Gondomar. No comunicado desmáncanse da xestión dos seus socios respecto á biblioteca.

  • 0

O Concello de Gondomar, sorprendido coa suspensión do 'Contomar' na biblioteca

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, amosou a súa sorpresa coa decisión de "Espacio Lectura" de suspender as actividades infantís que realiza na biblioteca pública de Gondomar de maneira indefinida "pola falta de entendemento co goberno municipal". A asociación estima que a reorganización da biblioteca  "supón un retroceso" que anula o espazo infantil e dificulta a realización das actividades  (fundamentalmente 'O Contomar', os luns ás 18 horas) ao colocar mobiliario sobre a tarima que utilizan. 

  • 0

Gondomar acolle este domingo a III Milla Solidaria de Fanconi

As rúas do centro urbano de Gondomar acollen hoxe a III Milla de Fanconi, un evento solidario que naceu para concienciar da necesidade de doar medula para axudar aos pacientes que sofren esta enfermidade, catro deles residentes na comarca miñorana. A Asociación Española de Anemia de Fanconi, a Asociación de Doantes e Receptores de Órganos de Vigo e os tres Concellos da comarca organizan esta nova edición, cuxa recadación se destinará á investigación.

  • 0

O fiscal pide dous anos para un gondomareño por construir en solo rústico

O Fiscal solicitou dous anos de prisión e 5.400 euros de multa para un veciño de Gondomarno xuízo oral celebrado no xulgado do Penal número Uno de Vigo por un delito contra a Ordenación do territorio. No seu escrito sostén que entre outubro de 2011 e novembro de 2014, o acusado J.M.T.R., realizou obras de construción dunha vivenda unifamiliar e edificación auxiliar, así como o peche da leira, nunha parcela da súa propiedade, cunha superficie de 1.132 m2, sita en Campo Grande.

  • 0

O PSOE deixa ás áreas de goberno na Entidade de Morgadáns

O alcalde pedaneo da Entidade Local de Morgadans, Javier Gregores (IXG) estudará no pleno de mañá venres (19 horas) o escrito de renuncia que presentou este martes a vocal socialista Sofía Chamadoira no que indica que abandona as áreas de Vías, Obras e Iluminación que asumiu en maio de 2016 por falta de entendemento e colaboración do pedáneo. 

  • 0

Gondomar sumaráse ó catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia

A Biblioteca Pública de Gondomar incorporásese en breve ao catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, un novo sistema integrado de xestión bibliotecaria mediante un software libre de código aberto baseado na plataforma Koha. Trátase dunha plataforma de servizos que permite a bibliotecas de tamaño pequeno e mediano, dispoñer dun sistema de catalogación que cumpra cos requisitos funcionais do citado catálogo.

  • 0
Suscribirse a este canal RSS