Día dos Museos na Casa da Navegación de Baiona

Escolares tudenses visitaron a Casa da Navegación. Escolares tudenses visitaron a Casa da Navegación.

O Concello de Baiona celebrou este xoves, con motivo do Día Internacional dos Museos, unha xornada de portas abertas na Casa-Museo da Navegación na que os protagonistas foron os escolares do CEIP Pazos de Reis (Tui), que realizaron un percorrido polas instalacións e levaron a cabo unha representación nos xardíns.O Museo de Baiona uniuse ao Día Internacional dos Museos 2017 con varias actividades na súa Casa da Navegación.

Con entrada libre ás instalacións durante todo o día, houbo visitas guiadas e celebrouse unha performance no xardín do museo a cargo de alumnos de 3º a 6º de Primaria do CEIP Pazos de Reis (Tui).
Os escolares mostraron unha revisión actualizada do encontro entre culturas que supuxo o Descubrimento de América en relación co feito histórico da Arribada de Martín Alonso Pinzón a Baiona o 1 de marzo de 1493 para dar por primeira vez a noticia do descubrimento dentro da temática proposta para este ano: “Museos e historias controvertidas: dicir o indicible nos museos”.