Baiona

Baiona entrega os premios do concurso de decoración do comercio en Nadal

O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, acompañado pola concelleira de Comercio, María del Carmen Paredes Cabral, entregou este xove os premios aos establecementos gañadores do Concurso de Decoración do Nadal, no decurso dun acto que tivo lugar na Casa do Concello da Real Vila. Os premios foron para Estelas, S.L., Arce Bake & CoffeShop, e Baipraza Asoc. Praceiros de Baiona, que recibidon os seus diplomas acreditativos e un premio en metálico de 250 €.

  • 0

Trinta e cinco establecementos de Baiona revalidan o seu compromiso de calidade turística

A Concelleira de Turismo, Beatriz González, entregou as placas distintivas do Sistema Integral de Calidade Turística Española a Destinos (Sicted), a cinco establecementos de Baiona (Mesón Fonte de Zeta, Mesón Xamonaría Fidalgo, Bibendum, Hotel Tres Carabelas e Viaxes Val Miñor) que renovan o seu compromiso coa calidade para os vindeiros 2 anos. Ademais, outras trinta empresas e servizos do municipio superaron a avaliación de seguimento que lles permite manter o distintivo que conseguiron o ano anterior.

  • 0

As imaxes de Baiona «arrasan» no Concurso Fotográfico «Outono en Vilas Mariñeiras»

A Asociación Vilas Mariñeiras, formada polas Vilas de Baiona, Ribadesella, Llanes, San Vicente de la Barquera, Santoña e Laredo convocou o pasado mes de novembro un concurso fotográfico co obxecto de premiar as mellores fotografías tomadas durante o pasado Outono de 2017 e pódese dicir que Baiona «arrasou» coas súas instantáneas. Unha preciosa imaxe dun amencer na vila fíxose co primeiro premio do concurso. Das seis fotos gañadoras, cinco foron feitas en Baiona. Todas, excepto a terceira, que era unha instantánea de Ribadesella.

  • 0

Historiadores de recoñecido prestixio, no «IV Ciclo de Conferencias Pueblos Colombinos de España»

A Concellería de Cultura do Concello de Baiona, vén de presentar un máis que interesante cartel de conferencias ao abeiro do «VI Ciclo de Conferencias Pobos Colombinos de España» nas que contará con historiadores de recoñecido prestixio. As conferencias forman parte do traballo que desenvolve o departamento que dirixe María Iglesias, de cara a preparar a efeméride do 525 aniversario da «Arribada» cun programa "que non deixe indiferente a ninguén".

  • 0

Baiona lembra aos propietarios de cans da obriga de recoller os excrementos

O Concello de Baiona quere concienciar aos veciños e veciñas, da obrigatoriedade de recoller os excrementos dos cans dos lugares públicos. O Concello salienta que, por fortuna, "cada vez é máis común atopar en rúas e prazas do noso municipio a donos de cans recollendo os excrementos das súas mascotas". Neste sentido, explica o Concello, "os cidadáns de Baiona concienciáronse e avanzouse moito nos últimos anos", aínda que lamenta que sexan moitas as queixas que os veciños fan chegar ao Departamento de Medio Ambiente.

  • 0

Vinte e cinco maiores de Baiona celebran San Valentín cunha comida

Vinte e cinco persoas maiores de 65 anos de Baiona o día de San Valentín cun xantar organizado polo alumnado do Obradorio de emprego mancomunado «Terras do Miñor», xantar que tivo lugar no Colexio de Educación Especial de Panxón, centro onde se desenvolven as sesións de formación para o alumnado do Obradoiro.

  • 0
Suscribirse a este canal RSS