Nigrán celebra o Días dos Namorados cunha excursión de 154 maiores

O Concello de Nigrán festexa hoxe o Día dos Namorados cunha excursión de 154 maiores do municipio a Vilaboa e Soutomaior e posterior xantar-baile en Redondela. O grupo saíu ás 9:30 horas en tres autobuses dende a Casa do Concello para visitar Vilaboa e as salinas de Ulló e, ao mediodía, o mirador de Cotorredondo e Lago Castiñeiras. Ás 14:00 horas participaron a un xantar-baile no Restaurante Casas de Redondela.

Nigrán inicia o empedrado da rúa Igrexa en Chandebrito

O Concelllo de Nigrán iniciou esta semana as obras para empedrar mediante lastras a rúa Igrexa, situada no núcleo de Chandebrito e pavimentada ata agora en aglomerado asfáltico xa moi deteriorado. Os traballos, a cargo de Sitexca 2016 e cun orzamento de 60.350 € a cargo do Plan Concellos da Deputación, suporán non só unha mellora no mantemento e conservación do firme, se non unha posta en valor dos elementos patrimoniais e etnográficos deste núcleo de aldea tradicional único no municipio, repercutindo sen dúbida nunha gran mellora paisaxística.

Baiona premia aos mellores escaparates do Nadal

O salón de plenos da casa do Concello de Baiona acolleu a reunión do xurado do concurso 'Decorando Baiona no Nadal' promovido pola Concellería de Comercio do concello baiones. O xurado, tiña diante de si a difícil tarefa de decidir os escaparates gañadores, estaba formado por un representante de ACEBA, COEMSA, unha persoa vinculada ás artes escénicas e escenografía e dúas técnicas do Concello.

A metereoloxía vólvella a xogar aos ‘jota’

A meteoroloxía volveu xogarlle este sábado unha mala pasada aos J80 que participan na liga de Inverno organizada polo Monte Real Club de Iates ao impedirlles, unha vez máis, inaugurar o marcador.
Tras un primeiro intento errado pola ausencia de vento na que ía ser a primeira xornada o pasado 26 de xaneiro, os fortes refachos rexistrados esta tarde obrigaron de novo ao comité para suspender a xornada de regatas.

Nigrán inicia unha interesante programación especial cara ao 8 de marzo

O Concello de Nigrán arranca xa a súa programación especial do 8 de marzo facendo un chamamento á veciñanza para que envíe fotos ao consistorio, anteriores a 1970, nas que as protagonistas sexan mulleres do municipio. O obxectivo do Goberno local é visibilizar e por en valor o papel esencial da muller de Nigrán organizando posteriormente unha exposición con todo o material recompilado.

Nigrán acolle, dende o luns, a mostra 'Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar'

O salón de plenos do concello de Nigrán acollerá este luns, ás 12.00 horas, a inauguración da exposición da Deputación 'Achegas das Mulleres á sustentabilidade do mar'. Trátase dunha mostra promovida pola institución provincial, en colaboración coa Universidade de Vigo, co obxectivo de darlle visibilidade ao papel da muller no ámbito mariño. Poderá visitarse de luns a venres, de 9:00 h a 15:00 horas, dende este luns ata o martes 26 de febreiro.

Suscribirse a este canal RSS