A Praia da Punta, en Cesantes, Bandeira Azul, por cuarto ano consecutivo

A Praia da Punta, en Cesantes, exhibe por cuarto ano consecutivo, a Bandeira Azul que distingue a este areal como zona idónea para o baño, e que foi izada este martes polo alcalde, Javier Bas, acompañado polo concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Ángel Álvarez; os concelleiros Arturo González e Jesús Crespo e os socorristas que prestan o servizo nesa Praia.

cesantes praia da punta bandeira azul02Logo de obter este distintivo por primeira vez no ano 2014, A Punta cumpriu, un ano máis, todos os requisitos necesarios para ter esta bandeira que sinala que a calidade da auga, a accesibilidade, as medidas de seguridade, salvamento e socorrismo e a limpeza están por riba das esixencias da Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) e da Organización Mundial do Comercio (OMT).

Na actualidade, as praias de Redondela contan con 8 socorristas, 3 patróns e 1 coordinador condición tamén esixible para poder obter a Bandeira Azul. Ademais, a calidade da auga é excelente, segundo as analíticas realizadas pola Consellería de Sanidade do Goberno de Galicia.