Unha persoa ferida en Redondela nun choque entre un camión e un turismo

 

Unha persoa resultou ferida hoxe por mor dunha colisión protagonizada por un camión e un turismo  na estrada de Rande, en  Redondela.  Segundo informou o 112 Galicia, os servizos de emerxencia recibiron unha alerta ás 11,20 horas de hoxe, a través dun aviso de Urxencias Médicas. Acto seguido, desde o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertouse ao Servizo Municipal de Emerxencias e á Garda Civil de Tráfico. Segundo os datos facilitados ao 112, o  camión non detivo a súa marcha tras sufrir o accidente.