Máis de 10.000 pinchos na primeira fin de semana da Ruta do Pincho

A Asociación de Empresarios de Redondela vén de facer unha primeira valoración sobre a Ruta do Pincho logo da súa primeira semana de andaina. Os datos se poderían cualificar de espectaculares xa que servíronse máis de 10.000 pinchos, o que fai unha media de case que 340 pinchos por local e que en moitos casos chega a superar o medio centenar. O balance provisional desta edición da Ruta do Pincho non pode ser máis positivo e as previsións, de seguir con este ritmo, superarían os datos da pasada edición.

O éxito, sen dúbida, está nas formidables propostas gastronómicas que achegan dende as cociñas dos 30 establecementos que tentan superarse ano tras ano. O esforzo do sector hostaleiro redondelán faise cada vez mais notorio coa presentación de pichos máis elaborados. Este fin de semana a oferta culinaria compleméntase en Redondela coa oferta de ocio ao coincidir co Festival Nacional de Curtametraxes, Redondela en Curto, que proxectará películas ata o Domingo 30 de abril e que fará que, sen dúbida, as cifras dispárense.

A Aplicación para teléfonos móbiles Redondela de Cerca xa achega máis de un centenar de descargas e continua cargándose de contidos xa que a Asociación de Empresarios xa ten preparada a seguinte campaña con motivo do Día da Nai. Toda a oferta comercial do Día da Nai, con suxestivas propostas e ideas para regalar nesa sinalada data, comeza a estar dispoñibles con novidades diarias que se achega a través desta aplicación á clientela.

A partir do día 2 de maio e ata o 7 estará aberto o concurso do Día da Nai na que os clientes que se paseen por Redondela terán a ocasión de facerse fotos nos Photocall que se colocarán en distintos puntos da zona comercial baixo a temática #QuéroteMamá e con este hashtag poderán subir ás fotos realizadas ao facebook da Asociación de Empresarios de Redondela e gañar vales de compra para mercar no comercio local.