A Xunta sinaliza o Camiño Portugués da Costa ao seu paso por Redondela

De esquerda a dereita, Ignacio López-Chaves, delegado territorial da Xunta en Vigo; Javier Bas, alcalde de Redondela; Rafael Sánchez Bargiela, xerente do Xacobeo e Teresa París, concelleira de Turismo do Concello de Redondela De esquerda a dereita, Ignacio López-Chaves, delegado territorial da Xunta en Vigo; Javier Bas, alcalde de Redondela; Rafael Sánchez Bargiela, xerente do Xacobeo e Teresa París, concelleira de Turismo do Concello de Redondela

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, e o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, xunto ao alcalde do Concello de Redondela, Javier Bas, e a concelleira de Turismo da vila, María Teresa Paris, comprobaron na mañá de hoxe a colocación das primeiras mouteiras que sinalizan o Camiño Portugués da Costa ao seu paso polo municipio.

No Concello de Redondela colocaranse un total de oito mouteiras das 81 que teñen os 150 quilómetros do tramo galego desta Ruta Xacobea que vén de ser recentemente recoñecida, coa aprobación, no Parlamento galego, da Lei de Patrimonio de Galicia.

O Camiño Portugués da Costa da deste xeito un paso máis garantindo, coa nova sinalización que comezou a colocarse no concello de Baiona, a seguridade dos peregrinos que a transiten facilitándolles o seu traxecto.

Nos vindeiros días, o Xacobeo continuará coa colocación do resto das mouteiras nos demais concellos polos que atravesa a nova Ruta de Peregrinación a Santiago de Compostela.