O Concello de Redondela explicará, mañá mércores, os cambios nas bases dos Maios

A Concellería de Cultura do Concello de Redondela, que dirixe Teresa París, organiza mañá mércores, día 15, ás 19:30 horas unha charla de cara a explicar os cambios nas bases que rexerán, a realización dos maios.

Na reunión, amais de dar conta dos anteditos cambios nas bases deste ano, o Concello terá a oportunidade de escoitar as propostas dos grupos e asociacións que habitualmente realizan maios para, posteriormente e unha vez tomados os acordos, publicar as bases xa consensuadas.