Os empresarios redondeláns organizan unha cata de selección de viños da Ruta do Pincho

A Asociación de Empresarios de Redondela vén de organizar, entre o 20 e 30 de abril, unha cata para elixir os viños que se servirán durante a VI Edición da Ruta do Pincho.

Para que unha Ruta do Pincho teña un elemento diferencial e característico que chame á participación do público, é preciso coidar, con mimo, todos os detalles e un deles e de grande importancia, é a elección dos viños. Para elixir os mellores caldos que acompañen aos mellores pinchos, nada mellor que unha cata á que están convidados todos os hostaleiros asociados á Asociación de Empresarios de Redondela que terán, ata o 20 de marzo, para inscribirse nesta cata que se desenvolverá entre o 20 e 30 de abril.