Redondela, municipio de máis de 10.000 habitantes con menor taxa de paro

O Concello de Redondela co 17,26 % de tasa de Paro, sitúase á cabeza dos concellos con menos paro da Área Metropolitana, asegurou o Concello Redondelán. A vila dos viaductos segue mellorando os datos de emprego tras os últimos datos dados polo ministerio de emprego. Dende o ano 2012, afirma o Goberno local, "pódese apreciar unha clara baixada da taxa de paro tomando como referencia os datos de xaneiro".

paro cadro03

Dende Xaneiro de 2012 apreciase unha clara evolución descendente "froito da clara aposta do Goberno municipal polo emprego", afirma o Executivo redondelán que subliña o feito de que dende a súa chegada ao Goberno "implicouse nesta problemática que estaba a sufrir o noso país en xeral e o noso municipio en particular acolléndose e apostando por políticas activas de emprego potenciadas dende a consellería de emprego da Xunta de Galicia".

paro cadro01

Froito desta aposta do Goberno local, Redondela conta con seis plans de emprego desenvolvidos nos últimos 6 anos e os multiples e variados obradoiros de emprego. Estes programas, asegura a concelleira Carmen Amoedo "contan cun elevado índice de empregabilidade o que fai que ano tras ano a tras o cumprimento da empregabilidade exixida polas administracións Redondela poida voltar a solicitalos".

paro cadro02

“Para todos nos estes datos compensan o traballo realizado en materia de emprego", asegura Amoedo que é consciente "que queda moito por facer". Carmen Amoedo amosou o convencemento de que as políticas de emprego desenvolvidas polo Goberno local "están a dar os seus froitos polo que seguiremos traballando nesta dirección intentando mellorar os datos e que esta mellora chegue a todos os vecinos canto antes”.