Redondela

Máis de 250 deportistas tomarán a saída no I Triatlón Concello de Redondela

O I Tríatlon Concello de Redondela reunirá o vindeiro sábado a partir das catro da tarde, a máis de 250 deportistas, segundo confirmaron os organizadores durante a presentación desta proba que tivo lugar na Casa do Concello redondelá. A competición ─impulsada polo Concello de Redondela, a Asociación Deportiva CAR de atletismo e a Federación Galega de Tríatlon─ iniciarase na praia de Cesantes, pasará polo peirao e terminará na alameda da vila. 

  • 0

A Alameda de Chapela, escenario de tres novas actuacións do programa «Cultura no Camiño»

Este ano, o programa «Cultura no Camiño», ao que adheriuse o Concello de Redondela, trae á Alameda de Chapela tres actuacións durante este verán, para completar a oferta nesta importante parroquia, durante as vacacións. O programa, organizado pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) en colaboración con Turismo de Galicia e patrocinado por Gadis, conta co respaldo de 98 concellos de toda Galicia para promover un total de 371 actuacións de diverso contido cultural.

  • 0

Redondela aposta polo respecto e convivencia entre a veciñanza e as mascotas

Atopar o mellor xeito de convivencia entre as mascotas e os seus propietarios, cos veciños e veciñas que non as posúen, é o fin que persegue unha iniciativa desenvolvida entre as concellerías de Deportes e Medio Ambiente do Concello de Redondela. Unha das últimas accións levadas a cabo tivo lugar esta pasada semana ao longo dunha charla impartida por Luis Montero, adestrador profesional, na que se daban a coñecer técnicas de adestramento para as mascotas o que, segundo o experto, mellor o seu comportamento e, como consecuencia facilita á convivencia coas mesmas.

  • 0

Redondela continúa coa limpeza dos camiños das parroquias

Unha vez licitado o servizo de limpeza e rozado dos camiños, os traballos que se iniciaban o pasado mes de xuño continúan, segundo asegura o Goberno local, a bo ritmo polo que se espera que estean rematados neste mesmo mes de xullo. De cara a facilitar a realización dos traballos en dous meses, o contrato licitouse en catro lotes xa que, sinala o Concello "son moitas parroquias para contratar todo xunto".

  • 0

A Praia da Punta, en Cesantes, Bandeira Azul, por cuarto ano consecutivo

A Praia da Punta, en Cesantes, exhibe por cuarto ano consecutivo, a Bandeira Azul que distingue a este areal como zona idónea para o baño, e que foi izada este martes polo alcalde, Javier Bas, acompañado polo concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Ángel Álvarez; os concelleiros Arturo González e Jesús Crespo e os socorristas que prestan o servizo nesa Praia.

  • 0
Suscribirse a este canal RSS