Salvaterra aproba as axudas de libros e material para escolares de infantil

Marta Valcarcel é a concelleira de Servizos Sociais en Salvaterra. Marta Valcarcel é a concelleira de Servizos Sociais en Salvaterra.

O Concello de Salvaterra de Miño aprobou en Xunta de Goberno Local as bases e a convocatoria específica de concesión de axudas económicas de 75 euros destinadas á adquisición de libros e material escolar  para alumnos de educación infantil de cara ao próximo curso 2017-2018. Os intersados deberán presentar as solicitudes entre o 11 d exullo e o 11 de agosto. O obxectivo das axudas é promover o principio de igualdade e compensar ás familias con recursos limitados según explicou a concelleira de Servizos Sociais, Marta Valcárcel. 

 Os interesados en solicitar esta axuda económica deberán presentar as solicitudes xunto coa documentación esixida polo Departamento de Servizos Sociais, os martes ou xoves, nese mesmo departamento, de 08.00 a 14.00 horas. Será necesario aportar xunto coa solicitude o DNI ou NIE dos membros da unidade familiar, o libro de familia e xustificantes dos ingresos da unidade familiar do ano en curso. Os interesados terán que achegar o recibo de aluguer ou o certificado bancario en caso de estar pagando unha hipoteca da súa vivenda habitual. Ademais, é necesaria unha copia da declaración de renda e sentencia e convenio regulador en caso de divorcio.

Para máis información contacte co Departamento de Servizos Sociais, todos os interesad@s poden consultar as bases e descargar o modelo de solicitude na páxina www.concellodesalvaterra.com.