agosto cultural

Salvaterra de Miño abre a inscrición para o Campamento Infantil de Semana Santa

O Concello de Salvaterra de Miño abrirá, o vindeiro día 27 de marzo, o prazo de inscrición para o Campamento Infantil de Semana Santa, que se desenvolverá no Parque Público A Canuda entre os días 10 e 12 de abril. O campamento busca ofrecer actividades de lecer aos nenos e nenas durante o período vacacional de Semana Santa.

Os nenos e nenas participantes nesta iniciativa, poderán gozar de diferentes actividades enmarcadas, todas elas, no Campamento Infantil que desenvolverá as súas actividades no  Parque Público A Canuda os días 10, 11 e 12 de abril en horario de 10:00 h a 13:30 h. A iniciativa está aberta a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 a 14 anos que poderán realizar actividades de manualidades, xogos, gymkanas, xogos cooperativos..., pero sobre todo moitísima diversión para que non se aburran nas vacacións.

As prazas son limitadas, e poderán solicitalas todas as veciñas e veciños empadroados no municipio. O prazo de inscrición quedará aberto a partir do 27 marzo. Para máis información ou para descargar o modelo de solicitude, os interesados e interesadas poden facelo na páxina web do Concello de Salvaterra de Miño. Tamén se pode solicitar máis información no teléfono 986 658 082