Salvaterra de Miño

O II Raid do Condado-Marqués de Vizhoja decide ao campión galego

Durante o pasado fin de semana a Comarca do Condado foi o escenario do Campionato Galego de Raids de Orientación, última proba da liga Española de Raids de Aventura.
A carreira fora aprazada polos terribles incendios que arrasaron unha das zonas Cero desta catástrofe: As Neves; deixando impracticable o terreo por onde ía transcorrer parte da proba.

  • 0

Salvaterra ofrece comida para o gando aos propietarios afectados polos incendios forestais

O Concello de Salvaterra de Miño, vén de poñer en marcha unha iniciativa de cara a paliar os efectos secundarios orixinados polos incendios forestais do paseo mes de outubro e que, entre outras moitas consecuencias, fixeron que moitos propietarios quedaran sen comida para o seu gando debido, tanto á queima da que tiñan almacenada nos cubertos, coma o deterioro das fincas destinadas para ese uso.

  • 0

Salvaterra habilita unha oficina de atención aos afectados polos lumes forestais

O Concello de Salvaterra de Miño vén de habilitar unha Oficina de Atención aos Afectados polos incendios forestais cunha empresa externa, na propia casa do Concello. A Oficina ten como función a de informar, asesoras e axudar aos veciños e veciñas afectados na tramitación das axudas que a Xunta de Galicia puxo en marcha para reparar os danos causados pola vaga de incendios do mes de outubro.

  • 0

Todo preparado para o «Roteiro de Samaín» de Salvaterra de Miño

Preto de 2.000 persoas participarán mañá martes, 31 de outubro, no «Roteiro de Samaín» que terá a súa saída dende a Praza do Concello e cun percorrido aproximado de 5 quilómetros. Os participantes comezarán a saír ás 20 horas e o farán con cinco minutos de intervalo entre cada un dos grupos, así ata preto das 2 h da mañanciña do 1 de novembro. Un percorrido que promete ser «terrorífico».

roteiro samain 03

 

  • 0
Suscribirse a este canal RSS