ponteareas

EU Ponteareas renova a súa Coordinadora Local

A Agrupación Local de EU Ponteareas vén de rematar o proceso de renovación da súa Coordinadora Local logo da Asemblea Local celebrada esta pasada fin de semana, e que estivo aberta a todos e todas as afiliadas, amais dos e das simpatizantes.

Despois de debater e aprobar os documentos pertinentes: normas, político, organizativo, etc., presentouse unha candidatura de consenso que foi aprobada por unanimidade. A nova Coordinadora elixida e máis ampla que a anterior, oito compoñentes fronte aos cinco anteriores, e cumpre os criterios de paridade ao estar formada por igual número de mulleres que de homes. Tívose en conta tamén a presenza nesta nova Coordinadora da mocidade activa.

Lino Costas, actual concelleiro de Eu-son no Concello de Ponteareas, volveu a ser elixido como Coordinador Local, o que deixa claro o excelente traballo que está a facer no Concello ponteareán. Costas, na súa intervención salientou que a nova Coordinadora elixida "será o revulsivo que reforzará á organización, tanto no que fai referencia ao traballo instucional, coma na rúa".