ponteareas

Iago González, terceiro no «XCE Eliminator 2017 Kids»

O club ciclista Val do Ulló organizaba a proba denominada XCE eliminator 2017 nas inmediacións do campo de fútbol de Figueirido, e a Federación Galega de Ciclismo dáballe o máximo nivel a proba calificandoa de Campionato de Galicia. Ambos optaron por darlle a oportunidade a canteira ciclista galega coa categoria eliminator kids que se disputou no mesmo circuíto a unha volta cun percorrido total dun quilómetro. Un circuíto complexo cunhas subidas rompedoras e baixadas moi técnicas, pero non dándolle o nivel de campionato Galego a canteira, xa que so se concedía as categorías júnior, elite, master e superiores.

En kids tomaron a saída un total de 14 corredores das categorías cadete 1 e 2 e infantil 1 e 2. A proba iniciouse cunha volta o circuíto cronometrada onde o ponteareán Iago González marcou o mellor tempo da súa categoria con 2,48 minutos. A partir de aí comezaron os emparellamentos. A organización acordou facelo en saídas de grupos de tres corredores dos que se clasificaban os dous primeiros para a seguinte manga.teabikes eliminator02

O ponteareán fixo voar a súa Scoot de 29" e impúxose na primeira e segunda manga. Xa na terceira, Iago González mediuse cos catro mellores das anteriores mangas e conseguía rematar en terceira posición, sendo infantil de primeiro ano. O segundo posto foi para o corredor do CC Marín, infantil de segundo ano, mentres que a proba a gañaba o corredor da AD Avanza do Porriño, cadete de primeiro ano.

O Teabikes de Ponteareas quixo felicitar á organización xa que, amais do excepcional trato a todos os participantes, estes tiveron agasallos, servizo de fisioterapeutas e avituallamentos.

O Club agracedeu tamén a colaboración de Xtrembike, Modas e Complementos Javi Rial Redondela, Bocateria Bocados, Cafeteira Castelao, Ventana Hogar, Transrivan, Areal Madeiras e as institucions de Deputación Pontevedra, Concello Ponteareas e Xunta de Galicia. Sen a axuda de todos, aseguraban dende o club ponteareán “a pequena escola de ciclismo ponteareá non tería a oportunidade de ter participado nestas probas”.