ponteareas

Ponteareas presenta á veciñanza o seu modelo de futuro

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, na presentación da estratexia «Ponteareas, Hábitat Saudable» O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, na presentación da estratexia «Ponteareas, Hábitat Saudable»

Asociacións e colectivos de todo o Concello asistiron onte á presentación da estratexia «Ponteareas, Hábitat Saudable» un documento de planificación urbana que organizará o crecemento da vila e que foi presentado polo alcalde ponteareán, Xosé Represas, ao que acompañaban o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; o arquitecto responsable do proxecto, Luciano González Alfaya; e dos tenentes de alcalde Chus Garrote e Manuel Troncoso.

“Ponteareas, Hábitat Saudable” é unha estratexia de actuación enmarcada dentro da EDUSI (Estratexia Urbana de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado), iniciativa que foi subvencionada con 5.000.000 € polos fondos europeos FEDER.

No acto de presentación desta estratexia, ─no que tamén estiveron presentes os deputados, María Luisa Pierres, Abel Losada, Uxío Benítez, David Regades, Ricardo García Mira e Guillermo Meijón─  explicóuselles aos asistentes o conxunto de ideas que marcan o camiño a medio e longo prazo de Ponteareas analizando os riscos e anticipándose aos problemas que poidan xurdir no futuro. O alcalde pontevedrés, Miguel Anxo Fernández Lores, explicou o modelo que se aplicou a Pontevedra e que tantos recoñecementos internacionais ten recollido. Fernández Lores aportou datos e números que explicaron, por si sós, as beneficiosas consecuencias que tivo, para a veciñanza, o cambio de modelo de cidade que a capital da provincia viviu nos últimos anos.

habitat saudable02

O alcalde de Pontevedra, Xosé Anxo Fernández Lores, conversa co alcalde de Ponteareas, Xosé Represas e coa tenente de alcalde, María Jesús Garrote

Na última convocatoria de Fodos FEDER, a Unión Europea decidíu que toda cidade que quixese ser receptora dos mesmos, tiña que ter un Plan Estratéxico. Nese punto, dende o Concello de Ponteareas, asumíuse o reto como unha oportunidade para elaborar unha verdadeira Estratexia de Planificación Urbana co horizonte fixado no ano 2030. Arquitectos, economistas, enxeñeiros e sociólogos participaron no deseño desta estra-texia que permitía solicitar os fondos FEDER”, explica o Alcalde, Xosé Represas.

O primeiro paso foi detectar as debilidades: deficiente estrutura da administración local; deterioro da forma urbana pola falla de planificacion urbanística, enerxética e de mobilidade; a escasa consideración da paisaxe (entendida como hábitat) e; a precariedade da economia local.

Logo identificáronse as fortalezas: posición estratéxica na comarca, alta densidade de poboación, carencias cun consumo enerxético un 50% superior a media galega, contorna medioambiental moi rica, renta por fogar un 20% inferior á media galega, segundo Concello galego con maior poboación inferior a 20 anos e ausencia de plan xeral desde hai 15 anos.

En base a isto decidíuse apostar por doce liñas que van desde o desenvolvemento sostible á revitalización da economía pasando pola implantación de sistemas de aproveitamento de biomasa, a recuperación de zonas verdes, a inclusión activa e a loita contra a discriminación, a mellora da administración local a través das TICs, a mellora da eficiencia enerxética e mobilidade sostible, a mellora do patrimonio e da contorna do río Tea, o apoio ao comercio e a mellora do casco vello, son algunhas das liñas recollidas na estratexia.