ponteareas

A Asociación de Alfombristas «Elduayen-La Giralda» exhíbe a súa arte en Bueu

Os alfombristas ponteareáns coa alfombra realizada o pasado ano en Bueu Os alfombristas ponteareáns coa alfombra realizada o pasado ano en Bueu

Un ano máis, a Asociación de Alfombristas de «Elduayen-La Giralda» de Ponteareas coa súa presidenta Rosa Troncoso González ao fronte, participa na elaboración dunha alfombra nas festas patronais de Bueu. Os alfombristas ponteareáns participan, dese xeito, no segundo Encontro Internacional de Alfombristas que reune na vila do Morrazo a preto dun cento de persoas de diferentes delegacións.

A presidenta dos alfombristas de Bueu, Carmen Santos, explicaba que neste segundo encontro internacional "participarán integrantes da Federación de Carifaires de Catalunya da que a súa presidenta, Vicenta Pallarés, é tamén presidenta do Comité Internacional de Arte Efémera. Amais, haberá unha delegación da Asociación Culturarte de Noto, na illa de Sicilia, outra de Castropol, en asturias e a representación de Ponteareas".

Xunto a estas delegcións tamén estarán os alfombristas de Bueu, os de Rianxo e os de Cangas.

A alfombra de Ponteareas
A delegación ponteareá confecciona nesta cita internacional, unha alfombra de 7,20 metros de longo por 3,60 metros de ancho segundo o deseño realizado por Guillermo Iglesias, Alfonso Garrido, Miguel García e José Luis Seoane. Titulada «Geometría» a alfombra é unha alegoría onde, no centro, unha rosa dos ventos marca o rumbo dos mariñeiros.alfombra bueu 2017 esquema

Mariñeiros e o seu traballo son, polo tanto, os eixos centrais da alfombra que xira en torno a cinco cores fundamentais: o azul da Hortensia que rodea todo o debuxo como as ondas do mar aos barcos; amarelo, cor claro e lumninoso que é, segundo os deseñadores, "o sol que ilumina aos mariñeiros, punto de referencia clave para atopar o camiño a casa; negro, que simboliza a soidade, vacío e tristura e que tamén se relaciona coa nostalxia e añoranza como a que senten as xentes do mar cando están lonxe da súa casa; verde, cor da vexetación e primeiro que miran as xentes do mar cando voltan rumbo a porto e, finalmente, vermello, símbolo de poder, acción, coraxe, valentía, forza e paixón da xente do mar.

A alfombra da Asociacion de Alfombristas «Elduayen-La Giralda» é, polo tanto, unha homenaxe á xente do mar co selo inconfundible e propio das alfombras florais de Ponteareas