Denuncian unha farola encendida día e noite en Ponteareas

A farola permanece encendida día e noite desde o martes. A farola permanece encendida día e noite desde o martes.

O PP de Ponteareas denuncia o 'descontrol' do goberno municipal e criticou que dende o 16 de maio, unha farola de gran voltaxe situada no Parque da Feira Vella permanece encendida día e noite. segúndo explica esta formación política o episodio garda relación coa festa privada que montaron o pasado martes  familiares e amigos dalgúns membros do goberno local ós que acusan de deixar encendida a farola despois da festa e como se pode comprobar na fotografía tomada hoxe venres día 19, ás doce do mediodía ainda seguía encendida.

Desde o Partido Popular non damos crédito á forma que ten de xestionar o goberno do Sr. Represas os servizos municipais, onde segundo parece, familiares e amigos dos concelleiros do goberno empregan o parque da Feira Vella ao seu gusto e antollo e malgastan a enerxía eléctrica que pagamos todos os veciños de Ponteareas. Esta forma de actuar é froito do descontrol e derroche reinante na xestión municipal do Alcalde, Xosé Represas.