ponteareas

Francisco Castro, no Club de Lectura da Biblioteca de Ponteareas

O escritor e director de Galaxia, Francisco Castro estará o martes na Biblioteca de Ponteareas. O escritor e director de Galaxia, Francisco Castro estará o martes na Biblioteca de Ponteareas.

O escritor, Francisco Castro participará vindeiro luns 22 de maio , na reunión do Club de Lectura da Biblioteca Pública Municipal. Castro , falará da súa novela titulada 'Amor é unha palabra como outra calquera'.  Neste libro Carla, a protagonista desta novela, organiza a vida arredor do amor, do seu amor, do amor co que vive, do amor que soña, do amor que lle falta e que ten aprendido nas películas rosa, nas cancións melódicas, nas novelas cursis.

Francisco Castro  dirixe actualmente Editorial Galaxia e traballa desde hai anos como cronista cultural en varios medios galegos. É autor do libro de relatos eróticos Xeografías, de A canción do náufrago, ambos de 2001, e do relato histórico Memorial do infortunio. En 2004 publicou Xeración perdida, novela coa que entra o lector no mundo das drogas, e Un bosque cheo de faias, que gañou o Premio Frei Martín Sarmiento. Recibiu en 2006 o Premio Blanco Amor de novela longa con 'Spam', que publica Galaxia.

En 2007 resultou gañador do Premio de Novela Manuel García Barros, concedido polo Concello da Estrada, coa novela As palabras da néboa, publicado por Editorial Galaxia. No mesmo ano publica O ceo dos afogados que foi finalista do premio Fundación Caixa Galicia e que recibiría o Frei Martín Sarmiento como mellor libro do ano. En 2009 obtivo o Primeiro Accésit e Pluma de Prata no I Certame de Xornalismo de Opinión Raimundo García ‘Borobó’ polo seu artigo titulado Borobó despedido'’. Tamén neste ano publicou na colección Árbore de Galaxia a novela Chamádeme Simbad (Lista de Honra de IBBY 2012) e Premio Frei Martín Sarmiento 2011, e ao ano seguinte, a novela xuvenil, O segredo de Marco Polo.

A finais do ano 2010 foi nomeado presidente de GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), cargo que desenvolveu ata finais de 2015. No ano 2011 publica unha novela para adultos titulada 'In Vino Veritas'. No ano 2013, a súa novela 'O corazón da Branca de neve' resultou gañadora da 13 edición do Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia. En 2014 publicou a novela 'Tes ata as 10' e,  en 2016 'Amor é unha palabra coma outra calquera'.

O club de lectura da Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas está formado, na actualidade, por 17 persoas que se reúnen unha vez ao mes para falar sobre un libro, que cada quen lee na súa casa. Logo, na xuntanza mensual, se fala de todo o relativo ao libro elixido, dende a temática do mesmo ao estilo literario, pasando pola acción, p Nesta “conversa” mensual, as opinións que se intercambian enriquecen a impresión inicial que cada quen, na súa lectura en solitario, saca sobre o libro. E importante subliñar que o Club de Lectura de Ponteareas, non é unha reunión de especialistas en literatura, senón de lectores que incrementan o pracer da lectura compartíndoo cos demais personaxes ou calquera aspecto da obra lida.

O Club de Lectura forma parte das iniciativas que desenvolve a Biblioteca Pública Municipal de cara a fomentar o hábito da lectura entre os adultos -xa que os máis cativos dispoñen de actividades propias como o semanal contacontos- e, ao mesmo tempo, favorecer o préstamo domiciliario de libros, unha das funcións básicas de todo centro bibliotecario público.