O BNG fai historia na Entidade Local Menor de Queimadelos

Manuel Portas nunha reunión da Entidade Local Menor de Queimadelos Manuel Portas nunha reunión da Entidade Local Menor de Queimadelos

O BNG gobernará en solitario na Entidade Local de Queimadelos ao conquerir uns resultados históricos e copar a totalidade dos postos da nova Corporación da Entidade. Manuel Portas, candidato nacionalista a reelección acaparou o 86,80 % dos votos emitidos para a elección directa de Alcalde Pedáneo (superando a marca histórica do 86,74% na elección de alcalde en Vilar de Santos, Ourense).

Os resultados nesa mesa para o concello de Mondariz tamén outorgaron os dous vogais en xogo para os nacionalistas. A nova corporación quedou constituída por Manuel Portas García como Alcalde Pedáneo e Anxos Carballo Iglesias e Cesar Manuel López Arpa como Vogais.

Queimadelos é a máis pequena das nove Entidades Locais Menores de Galiza e ata estas eleccións, único goberno do BNG na comarca de O Condado dende o ano 2007.

Manuel Portas asegura que este éxito se debe non só a unha boa xestión do Alcalde Pedáneo, ”senón sobre todo á participación e a implicación dos veciños nas cuestións de interese parroquial por diante de calquera outro ”