Mondariz 'marida' os nosos produtos e a lingua

Baixo o atractivo nome de 'Do noso, mellor en Galego' o Concello de Mondariz desenvolverá o domingo, 19 de marzo a partir das 12 horas e na Praza de Abastos, unha actividade que ten por fomentar o uso da nosa lingua no etiquetado dos produtos da terra.

Na actividade que conta coa colaboración do Foro Enrique Peinador e a Irmandade Galega de Adegueiros participarán un total de 16 empresas galegas expoñerán os seus produtos e farán unha breve presentación dos mesmos. A iniciativa, que terá como escenario o atractivo marco que ofrece o Espazo de Emprendemento Comercial, Mondariz Praza, supón unha máis que intersante forma de apoiar ás empresas que, de xeito cotiá, utilizan a nosa lingua no seu etiquetado, unha fórmula que contribúe ao espallamento dunha lingua, a nosa, que queremos manter viva.