Mouriscados celebra o sábado a IX edición do seu tradicional Serán

A parroquia mondaricense de Mouriscados celebra, o sábado 18 de marzo, o seu tradicional serán no que a música compartirá tempo diversión, os sorteos de agasallos e algo para comer e beber, como está mandado en calquera serán que se precie.

Para participar os interesados e interesadas deberán anotarse a partir das 21 horas. Media hora máis tarde, ás 21:30 comezará a actuación dos grupos da parroquia para, ás 22 horas, comezar co serán propiamente dito.

Haberá sorteo de agasallos entre todos os presents e haberá, como non podería ser doutro xeito, pan, viño e algunha que outra cousiña interesante para picar. Todo apunta a unha noite chea de ledicia no marco cun serán que é, sen dúbida, unha das celebracións máis tradicionais do noso país.