Mondariz Balneario

Compostaxe e Plan Revitaliza, protagonistas da «Semana da Ciencia» do Marcote-Cemar

A compostaxe e o Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra protagonizou a «Semana da Ciencia» organizada polo Colexio Internacional Marcote Cemar de Mondariz Balneario. Dende o martes e ata hoxe venres uns 120 alumnos e alumnas do centro escolar realizaron obradoiros, xogos, charlas e visitas ao centro de compostaxe comunitaria (CCC) instalado na rúa Ramón Peinador, a escasos metros da escola, para coñecer da necesidade de xestionar os residuos de modo sustentable e como é o proceso de tratamento do lixo orgánico a través da compostaxe.

  • 0

A vila termal de Mondariz retratada por Peridis en «Aquí la tierra» de TVE1

O arquitecto, debuxante, humorista e escritor José María Pérez González, «Peridis», retratou cos seus trazos característicos a vila termal de Balneario de Mondariz nun especial sobre o concello máis pequeno de España no programa de «Aquí la tierra» de TVE1. Os seus debuxos de la Fuente de Gándara e do Palacio da auga serviron para abrir e pechar unha reportaxe que se denominou «Aquí bríndase con Auga».

  • 0

Mondariz Balneario recuperará o antigo recinto do Gran Hotel coa axuda da Deputación

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada do alcalde de Mondariz Balneario, José Antonio Lorenzo, e do deputado provincial Santos Héctor Rodríguez, coñeceu hoxe de primeira man o proxecto que permitirá a recuperación do antigo balneario e a nave de lavandería e a súa integración no espazo público a través "dunha proposta integral do conxunto, respectando e potenciando os seus elementos singulares". Unha actuación que era unha demanda histórica é a que Mondariz Balneario dedicará a esta actuación integral todo o investimento da Liña 1 do Plan Concellos 2018-2019 por importe de 367.706,5 euros.

  • 0

A Deputación aposta polas novas tecnoloxías na promoción das vilas termais da provincia

Mondariz Balneario será unha das vilas que se beneficiará do proxecto de posta en valor das vilas termais da provincia, a través do uso das novas tecnoloxías, que vén de promover a Deputación de Pontevedra no marco das actuacións que está a impulsar ao abeiro do Plan Estratéxico de Turismo. Máis polo miúdo, a iniciativa ten por obxectivos instalar na localidade paneis en tamaño A3 con códigos QR con información descargable en texto e audios en galego, castelán e inglés.

  • 0

Mondariz Balneario entre os mellores destinos do mundo para 2018

Balneario de Mondariz, vén de ser considerado como un dos mellores destinos do mundo, segundo a «Gold List Traveler 2018», que elabora anualmente os expertos de «Conde Nast Traveler», a revista de maior prestixio internacional no sector de viaxes, na súa selección dos mellores hoteis, spas e destinos, a nivel nacional e internacional.

  • 0
Suscribirse a este canal RSS