Mondariz

Mondariz contratará 19 persoas desempregadas ao abeiro do Plan Concellos 2018

O Concello de Mondariz, vén de solicitar a Deputación de Pontevedra unha subvención para a contratación de 19 persoas, ao abeiro da liña 3 do Plan Concellos 2018, destinada ao emprego, iniciativa para a que destinará un orzamento total superior aos 119.000 dos que o organismo provincial achegará preto dos 116.000 euros sendo o importe restante aportado polas arcas municipais.

  • 0

A OMIX de Mondariz organiza a ‘I Búsqueda do Tesouro Infantil’

O Concello de Mondariz, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil, (OMIX), vén de poñer en marcha a «I Búsqueda do Tesouro Infantil», unha actividade gratuíta, dirixida a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e 12 anos e que terá lugar o martes día 13 de febreiro, Martes de Entroido.

  • 0

Mondariz acolle, esta fin de semana, a Copa Promoción Bádminton Escolar «Xogade»

O vindeiro domingo, 4 de febreiro, o polideportivo municipal de Mondariz acollerá, entre as 9:30 h e as 13:30 horas, os encontros da Copa Promoción Bádminton, que se celebran ao abeiro do programa ‘Xogade’ do Servizo Galego de Deportes da Xunta de Galicia. Serán preto de 80 nenos e nenas de categorías benxamín e infantil os que disputen os partidos, na modalidade de dobres.

  • 0
Suscribirse a este canal RSS