As Neves

Máis de 800 deportistas participarán no abril deportivo das Neves

Máis de 800 deportistas de distintas modalidades competirán no abril deportivo das Neves, que coincide co mes da Feria do Requeixo e do Mel. As probas foron presentadas no Concello polo alcalde, Xosé R. Méndez e o concelleiro de Deportes, Óscar González, que estiveron acompañados dos representantes dos clubes organizadores das probas.

  • 0

Éxito da primeira xornada do Curso de Cata de Vitiagro Condado

Vinte e sete persoas participaron este pasado venres, no Auditorio das Neves, na primeira xornada do Curso de Cata de Viños e Introdución ao Análise Sensoríal, impartido polo enólogo e especialista sensorial, Lolo Yebra, actividade que terá continuidade na fin de semana do 31 de marzo e 1 de abril. Os interesados e interesadas en participar nestas vindeiras xornadas, aínda teñen a oportunidade de facelo ao quedar algunha praza baleira.

  • 0

Curso de Cata de Viños nas Neves organizado por Vitiagro Condado

O Auditorio das Neves acollerá, durante os días 24 e 31 de marzo e 1 de abril, un curso de cata de viños e instrodución ao análise sensoríal que correrá a cargo de Lolo Yebra, enólogo e especialista sensorial. As persoas interesadas deberán formalizar a inscrición á maior brevidade posible xa que tan só quedan 10 prazas baleiras.

  • 0

O auditorio das Neves acolle o 18 de marzo a presentación de Evega

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) desenvolverá no Auditorio Municipal das Neves, unha xornada de difusión do servizos que pode prestar aos viticultores e a todas as persoas que, dalgún xeito, estean relacionados co mundo da viticultura. A presentación terá lugar o sábado, 18 de marzo, ás 11 horas da mañá. Ao remate do evento, as adegas das Neves daránse a coñecer e os asistentes terán a oportunidade de catar os seus viños acompañados dun aperitivo.

  • 0

Galiza Nova homenaxea nas Neves a Rosalía de Castro

Galiza Nova, organización xuvenil do BNG, celebra este venres, as 17:30 horas no Centro Social, un acto de homenaxe a Rosalía de Castro na localidade das Neves no que se contará con poesía, música e as intervencións da escritora Isabel Blanco e de Sandra Barros, concelleira de mocidade nas Neves e membro de Galiza Nova.

  • 0
Suscribirse a este canal RSS