O PP de Salceda celebra, o 1 de maio, a II Romaría Popular

O Partido Popular de Salceda de Caselas vai celebrar o vindeiro 1 de maio a II edición da romería popular en torno á carballeira “O Borralliño”, na parroquia de Soutelo. A festa popular terá lugar a a partir das 13:30 h.

O presidente e voceiro dos populares de Salceda, Santiago Rodríguez Davila, vén de convocar a todos os simpatizantes que desexen acudir a unha festa nun enclave na que participarán distintos responsables populares da comarca e provincia.

O grupo popular de Saceda de Caselas anima a todos aqueles que o desexen a sumarse a esta celebración e "poder gozar durante toda a xornada de variadas riquezas da nosa gastronomía", di o voceiro do PP. Os interesados e interesadas poden solicitar máis información no teléfono 615 555 990 ou o correo elecrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..