salceda 2017

III Xornadas de Educación Viaria en Salceda

O Concello de Salceda, a través das Concellarías de Tráfico e Ensino, ven de poñer en marcha a cuarta edición das Xornadas de Educación Vial, en colaboración coa DXT, que se iniciou hoxe martes 18 de abril. Tralo éxito acadado volven repetirse neste ano 2017. As xornadas están dirixidas aos escolares do municipio de Educación Infantil e de 1º a 4º de Educación Primaria, que reciben formación teórica e práctica en materias de educación vial. Na parte teórica ofréceselle ao alumnado unha sesión sobre os principais conceptos de seguridade infantil.

Unha vez rematada a charla, os alumnos e as alumnas acceden a un circuito no que poñen en práctica os conceptos adquiridos na formación teórica. O circuito está dirixido polos membros da Policía Local de Salceda, que lles dan aos cativos as instruccións precisas para unha correcta circulación pola vía pública, tanto dende o punto de vista dos conductores como dos peóns.

Arredor de 700 escolares pasarán polas xornadas, que se extenderán ata o mércores 26 de abril. O obxectivo das xornadas é a concienciación dos máis pequenos, como unha importante vía para chegar aos pais e nais, en todo o relacionado coas boas prácticas nas vías públicas. Os nenos e nenas reciben ademáis agasallos conmemorativos do seu paso polas xornadas.

Jose Luis González, concelleiro de Tráfico do Concello de Salceda, destacaba a realización desta actividade “como unha iniciativa fundamental para a concienciación de pequenos e maiores". Moitas veces, engadía o responsable de Tráfico, "a frase que un neno lle diga ao seu pai ou á súa nai ten máis efecto que calquera campaña que se presente dirixida aos adultos. A prevención resulta fundamental para a disminución de accidentes nas estradas, e esta parécenos unha forma axeitada de facelo”.

POla súa banda, Teresa Pérez, concelleira de Ensino quería agradecer "a boa disposición dos equipos directivos do CRA Raíña Aragonta e o CEP Altamira", que acollen, dixo, "esta e outras iniciativas que lles prantexamos dende o Concello sempre coa mellor actitude de colaboración. Formar aos máis pequenos é garantía de que chegamos aos maiores”.